Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Circuíto de Motor de Bértoa...

DOMINGO 10 DE OUTUBRO

O Circuíto de Motor de Bértoa acolle o IX Motocross Concello de Carballo, puntuable para o Campionato Galego

Mércores 6 de outubro do 2010

Entre os pilotos, tamén hai que destacar a presenza de corredores locais, en categoría sénior e alevín, de zonas como Arteixo, Malpica ou incluso Óscar Martínez dende Carballo. A organización espera que no futuro máis pilotos carballeses poidan tomar parte nas probas. Así mesmo, o Alcalde subliña que o nivel aínda ten medrado respecto do ano pasado tendo un atractivo cada vez máis elevado "para os moitos afeccionados ao motor da Costa da Morte". Ademáis de Jonathan Barragán e Ángel Suárez, a organización ten confirmado a presenza de: Jesús Barragán, de Madrid; Heriberto Cruz, de Sevilla; Jon Idiaquez, do País Vasco; Jorge Prado, de Lugo e Campión de España Alevín 2010; ou Joel Antón Costa, Subcampión de España Alevín 2010. As categorías das probas son sénior, júnior, cadete, xuvenil, alevín, veteranos e promoción, sendo as que contan con máis pilotos a promoción, a alevín e a sénior. Entre os pilotos da escudaría Motor Bergantiños, están: David Cristóbal Martínez; Breogán Touriñán Longueira; Miguel García Cancela; Óscar Martínez Díaz (Carballo); Beltrán García Pérez; Emilio Rodríguez de Castro; Guillermo Domingo Cotor, e Federico Sánchez Otero.

Ao longo do ano 2010 está previsto que o Circuíto Municipal de Motor de Bértoa acolla un total de nove probas de diferentes disciplinas e campionatos, superando o número de carreiras celebradas en 2009. O ano pasado supuxo a recuperación para a competición deste circuíto, que levaba sen acoller probas dende o ano 2003. O aproveitamento das instalacións está cumprindo até o de agora as expectativas iniciais e rexistrando unha notable asistencia de público na maioría das citas disputadas. O pasado mes de xullo cumpriuse un ano da apertura do Circuíto, coa celebración da terceira proba do Campionato Galego de Quadcross, que demostrou a boa saúde do deporte do motor na zona e a satisfacción dos pilotos por poder contar cunhas instalacións destas características. Aínda que Motor Bergantiños comenta as incidencias na crise na celebración das probas de motocross ao longo desta tempada en Galicia, resaltan a elevada participación que teñen rexistrado para esta proba: o domingo 10 de outubro cos adestramentos a partires das 11.00 horas.

Compartir: