Inicio Carballo ao día Hemeroteca O XXI Festival Internacional de Música de...

XOVES 7 DE OUTUBRO ÁS 20.30 HORAS

O XXI Festival Internacional de Música de Pulso e púa 'Cidade de Cristal' trae a Carballo o Trío Colombita

Xoves 7 de outubro do 2010

As músicas do Trío Colombita teñen participado en destacadas agrupacións musicais e teñen estado en importantes escenarios e festivais de Colombia, Latinoamérica e Europa. As súas actividades como concertistas, arranxistas, compositoras, investigadoras e docentes teñen contribuído notablemente á divulgación do patrimonio cultural colombiano. Con 10 anos de vida artística, a formación conta con 3 producións discográficas e prepara a cuarta. Teñen representado a Colombia en Costa Rica, Francia, Paraguai e España. Así mesmo, teñen recibido numerosas distincións artísticas en Colombia, compartindo escenario coa cantautora española Concha Buika e formaron parte da produción "Pombo musical" de Carlos Vives, que recibiu o premio Grammy Latino 2009. Participaron como invitadas no VII Festival "Colombia al parque" en 2008, unha das citas urbanas máis importantes de Bogotá, e tamén asistiron como invitado especial no 35 Festival Mono Núñez 2009, o festival de músicas tradicionais do interior máis importante de Colombia. Por último, tamén teñen realizado incursións no cine, en 'PVC-1' do director Spiros Stathoulopulos.

Outros dos fitos e realizacións do grupo, son os seguintes: os discos 'Trío Colombita' (2004), 'Respuestas' (2005) e 'Colombitis' (2006), preparando a súa cuarta producción 'Colombitis II' (2010); representaron a Colombia no VII Festival Internacional de Guitarra, Costa Rica (2000); Festival 'Melodies de Femme', Francia (2002); IV Festival Guitarra y Mujer, Paraguay (2006), 41 Festival Internacional de Plectro de La Rioja, España (2008), IV Festival Internacional de música de Cartagena, Colombia (2010) IX Muestra de música de plectro 'Ciudad de Valladolid' (2010); teñen recibido numerosas distincións artísticas en Colombia como os premios 'Cultura en Común' (2005); 'Ciclos de Conciertos Para Niños y Niñas' (2006), 'Carnaval De Niños y Niñas' (2006); o premio de 'Circulación Internacional' da Orquestra Filharmónica e a Secretaría de Cultura de Bogotá (2008), así como o premio Conciertos Didácticos con grupos de cámara (2009). Os veciños e veciñas poden disfrutar do Trío Colombita de balde o xoves 7 de outubro ás 20.30 horas no Pazo da Cultura.

Compartir: