Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello eliminará este mes un total de...

AS SANCIÓNS POR DEPOSITAR VOLUMINOSOS PODEN CHEGAR A 500 EUROS

O Concello eliminará este mes un total de 10 puntos de vertedoiros incontrolados no municipio

Xoves 7 de outubro do 2010

Unha vez solicitado o servizo do Punto Limpo Móbil, o vehículo desprázase ata o domicilio da persoa que queira desfacerse dos residuos e o traslada ao Punto Limpo do polígono de Bértoa. Estes restos tamén poden levarse voluntariamente, e con vehículo propio, ata o edificio do Punto Limpo, que está aberto os martes, xoves e sábados de 10:00 a 13:00 horas. No Punto Limpo de Carballo poden depositarse os residuos perigosos do fogar, como o aceite de cociña usado, os electrodomésticos, voluminosos ou calquera outro tipo de lixo, agás a materia orgánica. Nel existen colectores específicos para mobles vellos, electrodomésticos, roupa, pneumáticos, radiografías ou cascallos procedentes de pequenas obras. En resumo, o Punto Limpo funciona como lugar de recollida de todos aqueles obxectos ou materiais non orgánicos que a cidadanía non sabe onde depositar.

Así mesmo, dende as concellarías de Servizos de Medio Ambiente queren lembrar a normativa básica para a recollida e xestión do lixo. Os residuos orgánicos só deben depositarse no colector entre as 19:00 e as 22:00 horas da tarde, sempre nunha bolsa pechada, e de luns a sábado. A ordenanza prohibe baixar o lixo en domingo. Tamén está operativa a recollida de cartón pregado a pé de porta todos os luns, mércores e venres ás 20.00 horas, dentro da campaña 'Sácalle o aire!', que constitúe un chanzo máis no proceso de reciclaxe, contribuíndo á conservación do medio e a unha maior comodidade para os veciños e veciñas que colaboran coa medida. Para desfacerse do cartón, os interesados e interesadas tan só teñen que amorealo pregando as caixas para reducir o seu volume ao pé das dúas portas -nunca ao pé do colector do lixo. Os envases, o vidro ou o papel poden depositarse nos colectores axeitados a calquera hora.

Compartir: