APROBACIÓN DA CONTA XERAL DO CONCELLO DE DO PADROADO
O pleno aborda a cuarta fase do traslado provisional dos postos do mercado durante as obras
Venres 24 de setembro do 2010
Entre os asuntos de índole económica, hai que mencionar, así mesmo, a modificación dos límites de gasto plurianual da escola infantil cofinanciada pola Deputación da Coruña. O proxecto da escola infantil, que estará situada no entorno da estrada de Razo, conta cun orzamento de 845.000 euros. No caso de que a cantidade orzamentaria non se gaste nunha única anualidade e sempre que a segunda anualidade supere o 70 por cento do investimento, este trámite debe ratificarse a través de acordo plenario. Segundo os cálculos do técnico redactor do proxecto en 2010 empregarase un 3,05 por cento dos fondos destinados ao proxecto, deixándose o 96,95 por cento restante para 2011, de aí que sexa necesaria a modificación. Así mesmo, o pleno aborda a aprobación das contas xerais do Concello e do Padroado Deportivo Municipal de 2009. No primeiro caso sáldase a execución orzamentaria cun resultado positivo de 800.269,17 euros, e no Padroado quedou un remanente de tesourería de 54.526 euros.
Plan de Ordenación do Litoral e PXOM
Por último e fóra dos asuntos económicos, o pleno tratará a aprobación definitiva, e despois de resolverse as alegacións presentadas, da Ordenanza xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial. Ademais, desígnanse os festivos locais para o ano 2011. Neste caso, e dado que o 25 de xuño de 2011 é sábado, recupérase o festivo de Martes de Antroido, que cae o 8 de marzo, e mantense o venres 24 de xuño, día de San Xoán. Coas comisión informativas relativas aos asuntos do pleno celebrouse así mesmo unha Comisión de Urbanismo na que se abordaron as alegacións que o Concello presentará ao Plan de Ordenación do Litoral (POL) da Xunta, que afectan especialmente ao ámbito rural e ao ámbito costeiro de Razo e Pedra do Sal.
Falouse así mesmo do estado da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O Tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo, José Antonio Viña, anunciou que a próxima semana remítese o informe ambiental para a súa aprobación. Posteriormente será posible remitir de novo á Xunta o documento ao completo, coas revisións pertinentes, para conseguir o informe previo e avanzar na súa tramitación definitiva.