SUPÓN UN INCREMENTO DUN 80 POR CENTO RESPECTO DE HAI UN ANO
O Padroado Deportivo Municipal supera no mes de setembro os 3.000 abonados
Venres 10 de setembro do 2010
As novas actividades comezan a partir do luns 4 de outubro na Piscina Vila de Noia nos seguintes horarios:
- Natación para bebés (de 1 a 3 anos)
- Grupo A.- Venres 11:00 horas
- Grupo B.- Venres 16:15 horas
- Grupo C.- Sábados 13:15 horas
- Natación para embarazadas
- Grupo A.- Venres ás 10:00 horas
- Aquagym
- Grupo A.- Mércores e venres ás 12.00 horas
- Grupo B.- Venres ás 20:30 horas
Así mesmo, mantense a oferta doutros anos, de xeito que o luns 13 de setembro comezan a desenvolverse as actividades nos complexos deportivos municipais para os seguintes cursos:
- Cursos de natación de familiarización (nenos)
- Cursos de natación de iniciación (nenos e adultos)
- Cursos de natación de perfeccionamento (nenos e adultos)
- Cursos de actividade acuática para maiores de 60
- Cursos de natación terapéutica
- Cursos de natación para discapacitados (centro ASPABER)
- Sala de fitness
- Cursos de ximnasia de mantemento para adultos
- Escolas e adestramentos clubs federados de Natación e Salvamento Deportivo
Ademais os abonados tamén poden desfrutar de baño libre nas dúas piscinas e da zona SPA (Sauna, Baño Turco, Cabinas de chorros, Jacuzzi, etc.) da Piscina Vila de Noia.