AS DOMICILIACIÓNS CÓBRANSE A PARTIRES DO 12 DE MAIO
Aberto o período de cobro voluntario dos Padróns fiscais do Concello de Carballo até o 14 de xuño
Mércores 14 de abril do 2010
A Concellaría de Facenda que dirixe María Jesús Vázquez tamén fai públicos os importes correspondentes aos Padróns Fiscais previstos para o exercicio de 2010, que se corresponden coas seguintes cantidades:
- Taxa pola prestación do servizo de recollida domiciliaria de lixo e residuos sólidos urbanos, nas súas modalidades de vivenda e comercial:
- Lixo Vivenda: Importe total do padrón: 488.268,13 €
- Lixo Comercial: Importe total do padrón: 317.422,47 €
- Taxa pola reserva de estacionamentos en vía pública para parada de buses, carga e descarga e vaos permanentes. Importe total do padrón: 80.689,85 €
- Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica. Importe total do padrón: 1.166.734,42 €
Os Padróns, que suman un importe total de 1.773.114,87 euros, estarán en exposición pública durante o prazo dun mes. Durante o devandito prazo, os interesados poderán examinar os Padróns no Servicio de Xestión Tributaria do Concello, a fin de comprobar a exactitude dos datos que lles afecten.