EN HORARIO DE 9.15 A 14.00 HORAS
O Concello acolle o luns 19 e o martes 20 de abril a celebración de varios Cursos de Condución Eficiente
Luns 5 de abril do 2010
Os Cursos de Condución Eficiente xorden como unha resposta necesaria ante o cambio tecnolóxico que sufriron os nosos automóbiles, o que os fai radicalmente distintos á hora da súa condución. Tamén son unha resposta á necesidade de aforro enerxético e respecto ao medio ambiente. Os cursos están estruturados en catro bloques. No primeiro, os alumnos fan unha quenda de condución nun circuíto preestablecido; no segundo bloque, repártese a documentación do curso, e impártense as técnicas de condución eficiente; no terceiro, repítese a quenda de condución polo circuíto, aplicando agora as técnicas anteriormente impartidas; no bloque final, amosáselle aos alumnos os resultados, analízanse, e deixase un tempo para dúbidas e comentarios. Logo duns días remíteselle aos alumnos un diploma de asistencia ao curso.
Entre os requisitos para poder celebrar a actividade está o de contar cun mínimo de oito persoas, que teñan carne de conducir e que sexan condutores habituais. Os grupos poden facerse de catro ou oito alumnos, desprazando FAEPAC a un ou dous técnicos. No día do curso, os alumnos teñen que levar unha fotocopia do carne de conducir, ou do resgardo no caso de renovacións. A organización é a encargada de poñer un automóbil para impartir a formación. As quendas previstas para o Concello de Carballo, tanto o luns como o martes, son as seguintes:
- 1º grupo: de 9.15 a 11.15 horas
- 2º grupo: de 09.45 a 11.45 horas
- 3º grupo: de 12.00 a 14.00 horas