PODEN SOLICITARSE NO CPEC DO POLÍGONO DE BÉRTOA
As axudas para solicitar de xeito gratuíto un receptor de TDT están abertas até o 30 de marzo
Venres 15 de xaneiro do 2010
Entre os requisitos que deben cumprir as persoas solicitantes para poder acceder a estas axudas están os de ter 65 ou máis anos e unha dependencia recoñecida de nivel II ou III; ter un grado de discapacidade do 33 por cento ou superior -deberá constar como unha das súas discapacidades algunha de tipo auditivo ou visual-, ou ter máis de 80 anos e vivir só/soa ou acompañado/a de outra persoa tamén maior de 80 anos. O Concello de Carballo colaborará con todos aqueles veciños e veciñas que precisen axuda na tramitación destas axudas. Para iso pon a disposición de todos eles o teléfono 981 757 693 (Técnico Local de Emprego).
O Concello de Carballo tamén ofrecerá información a quen o desexe no Centro de Promoción Económica (CEPC) situado á entrada do polígono de Bértoa. En Carballo, o sinal de TDT está garantido grazas á instalación de emisores en Monte Neme, Monte Faro e San Paio, e a cobertura é dun 95 por cento. Para poder recibir o sinal da Televisión Dixital Terrestre é necesario comprobar a boa recepción do sinal, ter a antena adaptada para a TDT e contar cun receptor axeitado. O apagón da televisión analóxica está previsto en Carballo para o 18 de xaneiro.
Para obter máis información sobre o apagón, premer aquí.