MANUEL PÉREZ GONZÁLEZ, AUTOR DA POSTAL GAÑADORA
Máis de mil nenos de 14 colexios teñen participado no Concurso de Cartel e Programa de Nadal 2009
Xoves 3 de decembro do 2009
Tal e como se recolle nas bases, o centro educativo ao que pertence o gañador deste galardón recibe un premio por valor de 150 euros en material didáctico. Este ano recae no CEIP Fogar. O 2º premio, que marca o debuxo do cartel anunciador das festas de Nadal, recaeu en Claudia Rama Mosquera, de 4 anos, do CEIP A Cristina. Outorgóuselle un premio de 100 euros en libros e xoguetes educativos e un diploma. Ademais, concedéronse os seguintes accésits, cun valor de 60 euros en libros e xoguetes educativos e un diploma:
- Ignacio Eirís Vilariño, de 4º curso do CEIP Gándara-Sofán.
- Manuel Outes Mallo, de 5º curso do CEIP Fogar.
- Alejandra Pastoriza Carbajales, do CEIP A Cristina, de 4 anos.
- Miriam Piñeiro Bardanca, do CEIP Nétoma-Razo, de 3 anos.
- Amanda Álvarez Montero, do CEIP A Cristina, de 11 anos.
Nesta edición teñen participado no concurso un total de 1.115 nenos de 14 colexios de educación infantil e primaria de Carballo, así como algunha Asociación de Nais e Pais (ANPA). O cartel distribuirase polas rúas e comercios de Carballo e a tarxeta de felicitación será a que felicite as Festas do Nadal desde o Concello, ademais de converterse na portada do programa do Nadal Cultural, que recolle todos os actos culturais que se celebran durante estas datas en Carballo. Os premiados recibirán o diploma e os agasallos polo valor dos premios concedidos nun acto que terá lugar o domingo 20 de decembro, ás 18.00 horas no Pazo da Cultura.