SÁBADO 28 DE NOVEMBRO ÁS 11.00 HORAS NA PRAZA DO CONCELLO
Arrincan as actividades do Feirón de Outono coa inauguración do I Mercado de Artesanía
Xoves 26 de novembro do 2009
Ademais, o Feirón de Outono tamén conta con actividades específicas para o quinto domingo de novembro, o día 29. Así, para reforzar o mercado de artesanía está previsto que, na carpa que o Concello instala habitualmente nos feiróns, haxa cabida para que os artesáns locais tamén dean a coñecer os seus produtos. O horario previsto é de 9.30 a 14.30 horas e haberá representados distintos sectores tradicionais da zona como o coiro, os zocos, a olería de Buño, etc. Así mesmo, o 29 de novembro, o Feirón de Outono tamén acolle a celebración do II Concurso de Produtos do Agro, co obxecto de promocionar os produtos de tempada e apostar polo seu consumo e pola súa produción e elaboración tradicional.
Poderán participar no concurso os agricultores e produtores locais sen límite de idade, aínda que os produtos presentados deberán ser elaborados ou producidos no termo municipal de Carballo. O prazo de inscrición é até as 14.00 horas do 28 de novembro na Oficina de Información Turística do Museo de Bergantiños. As categorías son: 'Premio ao produto máis chamativo', 'Á mellor cesta de productos hortifrutícolas' e 'Á mellor cesta de produtos elaborados'. Repartiranse un total de 300 euros e os produtos participantes estarán expostos na carpa do Concello durante a mañá do Feirón até as 14.00 horas, cando será o fallo do xurado.