FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO
A Rúa dos Contos e o monólogo de David Amor son os encargados de levantar o pano da XVIII edición do FIOT
Mércores 7 de outubro do 2009
Na súa actuación, David Amor repasa polo miúdo grande parte da súa traxectoria, especialmente a súa vida, que confesa que non foi doada: houbo días que tivo que preparar o seu propio almorzo, metíase na cama coas sabas frías ou incluso quedou en máis dunha ocasión sen papel estando no váter. Humor de rúa para abrir o FIOT. O xoves 8 de outubro os espectáculos continúan con Avelino González (na imaxe) no pub O Patacón, a partires das 22.30 horas. Este humorista reflexionará sobre as consecuencias de que se cumpra o teu maior desexo: pode ser moi bonito, ou unha faena tremenda.
Pero a Rúa dos Contos cobra forza na fin de semana, cando se acumulan a maioría das actuacións:
- Venres 9 de outubro
- 21.00h: no bodegón O' Pescador Celso Fernández presenta 'Bicoca de boca en boca ou contos que non falten'.
- 22.30h: Leo Arremecághona! no pub La Tentación co espectáculo 'Todos metidos nun Bote Tour '09'.
- 00.00h: Yoni Medigramo estará no pub A Reserva.
- 01.30h: no pub Silfo poderemos ver a Toñito de Poi.
- Sábado 10 de outubro
- 22.30h: Cándido Pazó na Cafetería Colón presenta 'O falar non ten cancelas'.
- 00.00h: 'Cabaré Alemán' a cargo de Lilí Berlín no Valle-Inclán.
- 01.30h: Mofa e Befa presentan 'Cociña Económica' no pub Silfo.
- Domingo 11 de outubro
- 22.30h: no mesón A Cabaña estarán Os dous de Xornes
- 00.00h: Black Cherry Burlesque no Cosmic Pop Club.
- 01.30h: no pub Silfo o clown Nono.