18 E 19 SETEMBRO EN CARBALLO
O XiriaPop volve esta semana cunha proposta musical de calidade
Luns 14 de setembro do 2009
Trigo salientou a "consolidación do festival e o prestixio que ten acadado incluso a nivel internacional". A presenza este ano de artistas da talla dos españois Cooper, Los Negativos ou os australianos Johnny Casino & The Secrets e Bryan Estepa, da mostras da calidade que terá a edición deste anos, completada por os barceloneses Stay e Biscuit e os composteláns Hyde Casino. Ademais, prodúcese un feito excepcional, a volta ós escenarios dos ourensáns Cosecha Roja.
Graña comentou que tamén haberá tamén outras actividades paralelas ó festival, como unha exposición do mítico selo Stiff Records na Cafetería Valle-Inclán e no Pub A Reserva, a partir da vindeira semana e ata despois do festival. Ferrero salientou o bo facer da organización do festival ó longo de tantas edicións, salientando a calidade dos festivais que se celebran en Carballo, xa que ademais do XiriaPop destacan o Rockin' e o Sereas e Piratas.
Como outras edicións todas as persoas que compren o abono para o festival terán un agasallo. Este ano será un disco recompilatorio do mítico grupo Cosecha Roja editado por eles mesmos en colaboración con Hunky Punky Records e O Molete Psicopop.
Máis información en www.popxirapop.com