DÍAS 4, 5 E 6 DE SETEMBRO NO CIRCUITO MUNICIPAL DE CARBALLO
Carballo acolle a penúltima proba do campionato de España de autocrós
Xoves 3 de setembro do 2009
Este martes presentouse na Praza do Concello de Carballo a penúltima proba do Campionato de España de Autocrós, que se celebrará esta fin de semana no Circuíto municipal de Bértoa.
Estiveron presentes o alcalde, Evencio Ferrero; o presidente da Escudería Bergantiños Motor, Kiko Rojo; o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas; o director da carreira e representante de Escudaría Coruña, Ernesto Rumbo, e Juan Fernández, en representación da Federación Española de Automobilismo.
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, espera que "Carballo siga dando moitas alegrías ao mundo do motor e aos seus afeccionados".
O campionato desenvolverase atendendo ao seguinte horario:
Venres 4 de setembro
- 17:45 horas: verificacións técnicas na praza do Concello
- 8:45 horas: verificacións técnicas na praza do Concello
- 12:00 horas: adestramentos libres no Circuíto Municipal de Bértoa
- 15:00 horas: adestramentos oficiais e primeiras clasificatorias no Circuíto Municipal de Bértoa
- 9:00 horas: finais por categorías no Circuíto Municipal de Bértoa