FESTAS DE SAN XOÁN
Un total de quince cachelas participan na XXII edición do concurso convocado polo Concello
Luns 22 de xuño do 2009
O xurado tamén estará acompañado por Fabián Lage Barca e Maximino Pazos Noya, antigos concursantes e gañadores dos primeiros premios de varias edicións do concurso, e por Francisco Javier Fraga Pose presidente da Asociación Cultural Coro Vagalume e director do Grupo de Teatro Vagalume que tamén ten participado noutras edicións do concurso. Para finalizar, pola noite, ás 23.30 horas, actúa a Orquestra Gran Parada na Praza do Concello. Por outra banda o Concello de Carballo ten realizado un bando coa chegada das festas patronais, e coa finalidade de que a cidadanía carballesa desenvolva a longa tradición de realizar sardiñadas.
A Administración local fai saber que ao abeiro do que establece o artigo 5.11 da Ordenanza xeral de ocupación do dominio público local con terrazas de hostalería, dispénsase da prohibición de realizar barbacoas ou parrillas na vía pública nos períodos seguintes: do 19 ao 28 de xuño de 2009, ambos inclusive. Por iso, neses días, está autorizada a realización de sardiñadas, asados, etc., na vía pública, sendo obligatorio, tan só, poñer en coñecemento da Policía Local, con 24 horas de antelación, o lugar onde se van celebrar, debendo tomar as medidas cautelares que dispoñan os axentes citados.