CONCELLARÍA DE TERCEIRA IDADE
Máis de 300 persoas participan no peche de curso do Programa de Exercicio Físico para Maiores
Luns 1 de xuño do 2009
Neste acto de clausura estiveron presentes o Alcalde, Evencio Ferrero; o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; e a Concelleira de Terceira Idade, Carmen Regueira Baldomir. O obxectivo deste programa de exercicio físico para a terceira idade é manter un nivel suficiente de capacidade funcional xeral, mellorar a saúde reducindo o risco de desenvolver ou volver a padecer determinadas doenzas e mellorar a seguridade ao facer exercicio.
Os alumnos teñen estado todo o curso divididos en diferentes grupos, recibindo as sesións no pavillón da Zona Escolar, na Residencia do Maior, en Cances, Imende, Noicela, Razo, Rus e Berdillo). As sesións impartidas durante todo o ano dentro do Programa de Exercicio Físico para Maiores do Concello foron dirixidas polo Licenciado en Educación Física Manuel Varela Bardanca e a Monitora Susa Caamaño.