CONCELLARÍA DE DEPORTE
Aprobado o proxecto para instalar o alumeado no novo campo anexo das Eiroas
Mércores 8 de abril do 2009
Nestes momentos estanse rematando os traballos para a creación do módulo de vestiarios, peche e muros de contención do campo, unha obra que conta cun importe de case 200.000 euros. Una vez rematado este proceso, está previsto que principien os traballos para a instalación do céspede artificial, aínda que o proxecto tamén inclúe a instalación de novas redes de rego e pluviais, así como de canalizacións e saneamentos.
O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Deporte, espera así que o complexo das Eiroas conte con dous campos de fútbol de herba artificial totalmente equipados. Con estas actuacións, ademais da substitución do céspede artificial do campo principal, a inversión prevista para este complexo deportivo é de preto dun millón de euros.