XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Aprobado o proxecto para a ampliación da rede de colectores da parroquia de Razo
Luns 16 de febreiro do 2009
A sesión tamén serviu para adxudicar de forma definitiva o contrato de obra para a 'Instalación de céspede artificial, rede de rego, saneamento, pluviais e equipamento en campo de fútbol', para o anexo das Eiroas. A empresa adxudicataria é Obras y Pavimentos Especiales SA, que executará a actuación cun orzamento de 299.277 euros. O prazo previsto para a realización dos traballos é de dous meses e medio.
Por último, e fora da orde do día, a Xunta de Goberno aprobou un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago para a celebración de prácticas laborais por parte dos titulados en Ciencias da Educación nos programas, proxectos, actividades e servizos que desenvolva o Concello de Carballo. Cada dez horas de traballo serán contabilizadas como un crédito que se recoñecerá como troncal. Está previsto crear unha comisión para o seguimento das prácticas na que participarán o Secretario do Concello, a Concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, e o/a Animador Cultural do Concello.