SANIDADE
A Xerencia de Atención Primaria incorpora ao Centro de Saúde dous novos médicos de familia
Martes 27 de xaneiro do 2009
Segundo explica a directora xerente de Atención Primaria na Coruña, María Jesús Cerecedo, con estas novas incorporacións mellorarase a ratio de paciente por médico, o que redundará en que cada doutor poida dedicar máis tempo a cada doente na consulta de atención primaria. Isto permitirá o desenvolvemento de máis programas asistenciais no Centro de Saúde, tales como cirurxía menor, teledermatoloxía e outros.
O obxectivo é poder prestar unha carteira de servizos máis ampla á poboación de Carballo, facilitando que o médico de atención primaria teña un número de doentes inferior. O Plan de Mellora de Atención Primaria 2007-2011 pretende incrementar a calidade dos servizos, a capacidade de resolución dos médicos e facilitar a continuidade asistencial e a organización nos centros de atención médica de Galicia.