XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Aprobado o expediente de contratación para edificar a cuarta fase da Casa dos Oficios
Martes 23 de decembro do 2008
Durante a sesión, tamén se adxudicou, de xeito provisional, a concesión do programa Concilia de protección, vixilancia e almorzo dos escolares dos Centros de Ensino Públicos de Educación Primaria (CEIP) do Concello de Carballo por un período de dous anos. De forma definitiva, adxudicáronse as obras de 'Reposición de camiños nas parroquias de Artes, Ardaña, Entrecruces, Sísamo e A Brea' e de 'Reposición de camiños nas parroquias de Rus, Cances e Goians' por un importe de 58.552 e 56.248 euros respectivamente.
Por último, prorrogáronse así mesmo, os contratos para a explotación da cafetería-restaurante do Pazo da Cultura e da coordinación da seguridade e saúde das obras que contrata o Concello de Carballo. Así mesmo, saíu adiante un convenio de cooperación coa Consellería de Sanidade para a implantación do Plan de Mellora da calidade Asistencial da rede do Plan Galicia sobre drogas co desenvolvemento do modelo de excelencia europeo. Este plan aplicarase na Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello.