CULTURA
Carballo pon en marcha unha Aula Municipal de Teatro afeccionado para adultos
Luns 22 de decembro do 2008
Trillo pretende con esta actividade que a xente colla "ilusión polo teatro" e que participe no completo proceso de montaxe dunha obra teatral, tamén coa arela de que a xente se divirta e desfrute coa escea. A Aula xorde coa vocación do "teatro afeccionado", aínda que ao final de curso -en decembro de 2009- os integrantes desta escola representarán unha función ante o público carballés. Os interesados e interesadas en anotarse poden facelo entre o 29 de decembro e o 14 de xaneiro nas oficinas do Pazo da Cultura entre as 10.00 e as 13.30 horas.
As clases da Aula terán lugar todos os xoves de 20.00 a 22.00 horas no Pazo da Cultura a partir do xoves 15 de xaneiro de 2009 e durante oito meses, con descanso no verán. Está previsto que o número de prazas sexa limitado, polo que se respectará a orde de inscrición segundo o número de entrada. Artur Trillo espera contar cun grupo de alomenos 15 persoas. O Alcalde carballés, Evencio Ferrero, valora esta aposta como unha posibilidade de "ver o teatro desde dentro" e de conseguir que "persoas que viven entre nós sexan as protagonistas". Por último, invitou a todos os veciños e veciñas a que se unan á iniciativa.