FORMACIÓN
Os alumnos do obradoiro de emprego de Carballo asinan os contratos para iniciar as súas prácticas
Venres 19 de decembro do 2008
O alumnado da Escola Obradoiro do Concello de Carballo iniciou o seu camiño formativo o pasado mes de xuño, e comezan o vindeiro 27 de decembro unha segunda fase formativa en alternancia cunha práctica profesional nas especialidades de Cantería, Albanelería-Pladur, Electricidade, Carpintería de Aluminio e Xardinería. Os rapaces e rapazas da escola desenvolven a súa actividade no proxecto da Casa dos Oficios, ademais de realizar o acondicionamento de varias zonas verdes en prazas da capital municipal.
O acto do día 23 de decembro contará coa presenza do Alcalde de Carballo Evencio Ferrero Rodríguez; do primeiro tenente Alcalde José Antonio viña Patiño; da Concelleira de Emgrego, María Manso; ademáis do persoal docente e directivo da Escola Obradoiro.