PROMOCIÓN DO COMERCIO
A capital municipal conta cunha pista de patinaxe sobre xeo por cuarto ano consecutivo
Xoves 27 de novembro do 2008
Esta pista de xeo conta con servizo de empréstito de patíns -homologados e dos números 30 ao 47-, cunha cafetería con calefacción, con bancadas para os usuarios, con mostradores de atención ao público e con valados de seguridade. Así mesmo, para poder patinar é obrigatorio o emprego de luvas, de manga longa e perna longa, ademais de sempre atender as instrucións do persoal de pista. O prezo da entrada é de 5 euros e permite unha estadía duns 45 minutos sobre dos patíns.
O Alcalde carballés, Evencio Ferrero, quixo resaltar a "aposta polo comercio e por Carballo como referente de ocio e punto de visita das familias da Costa da Morte" coa posta en marcha desta iniciativa para a que o Concello fai un "importante esforzo económico", segundo puntualizou García Guillín. Por outra banda, para Ferrero, a pista de xeo é una cita "imprescindible" para a dinamización comercial durante o Nadal e convidou aos veciños e veciñas de toda a comarca a que sigan visitando a vila.