DEPORTE ESCOLAR
O Club Fogar Triatlón Carballo dominou a proba de duatlón escolar
Luns 31 de marzo do 2008
O palmarés da competición -marcada polas inclemencias climáticas- estivo totalmente dominado polos dous clubs, que mantiveron unha bonita loita nas seis modalidades que contemplaba o certame atlético. O Fogar Triatlón Carballo logrou meter a dous deportistas no podio en tres probas: Infantil masculino e feminino e cadete femino.
Na categoría infantil, o Fogar Triatlón Carballo non atopou rival. Daniel Area Alonso impúxose a Miguel Barcala Iglesias (Triatlón Bricosa) e ao seu compañeiro de equipo Antón Muíño Alonso, que foi terceiro. Na modalidade feminina, Leticia Baña Calvo e Balbina Tarrío Mangas foron primeira e segunda, respectivamente.
Tamén na categoría cadete feminina dominou a competición, posto que dúas das súas deportistas (Marta Varela Rey e Leila Díaz Rodríguez) ocuparon os dous primeiros postos clasificatorios.
Pola súa banda, o Triatlón Bricosa arrasou en cadete masculino ao acaparar os tres primeiros postos, acadando tamén a victoria en alevín masculino, o segundo posto en infantil masculino e o terceiro en cadete feminino.