OS TRABALLOS LOCALÍZANSE AGORA EN ARTES
As brigadas de Medio Ambiente continúan co mantemento de lavadoiros e beirarrúas
Venres 16 de novembro do 2007
O labor de limpeza de fontes-lavadoiro non só está encamiñado a facilitar o seu uso público, senón tamén a preservar o patrimonio material do municipio. Neste momento estase a traballar na parroquia de Artes, logo da cal as brigadas se trasladarán ás parroquias de Sofán e Berdillo.
Estas actuacións, así como outras abordadas nos últimos meses (entre elas o acondicionamento das praias de Razo e Baldaio, do entorno da férveda de Rus e das beiras do Anllóns entre A Ponte e o Bosque de Añón) enmárcanse nun proxecto contínuo de recuperación e posta en valor do patrimonio natural, histórico e etnográfico de Carballo que contempla ademais o incremento dos espazos de ocio dispoñibles para os cidadáns e cidadás.