O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES REMATA O 16 DE NOVEMBRO
O Padroado Deportivo Municipal destina 24.000 euros para axudas de desprazamento dos clubs, entidades e asociacións deportivas municipais
Venres 26 de outubro do 2007
A presentación das solicitudes (cuxo impreso e bases se pode descargar nesta web) pode realizarse ata o 16 de novembro nas oficinas do Padroado Deportivo Municipal de Carballo (Rúa da Coruña, 1), en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas.
Unha vez rematado o periodo de presentación de solicitudes no prazo dun mes o Padroado Deportivo Municipal notificaralle aos interesados a cantidade a percibir en concepto de desprazamentos correspondente a tempada 2006-2007.
O gasto destas axudas irá con cargo á partida orzamentaria 452.48900 do orzamento do Padroado Deportivo, e será de ata un máximo de 24.000 euros.