FORMACIÓN E INSERCIÓN LABORAL FEMININA
Unha ducia de mulleres iniciará en novembro un curso de especialistas en almacén e manexo de carreta
Venres 26 de outubro do 2007
O curso de especialista en almacén e manexo de carreta, que xa ten cubertas todas as súas prazas, terá unha duración de 75 horas e desenvolverase entre o 12 e o 30 de novembro na aula de informática do antigo ambulatorio (parte teórica) e na nave do centro de formación do polígono industrial (parte práctica).
O seu obxecto é formar a un grupo de mulleres na condución e manexo de carretas, na recepción e expedición de materiais e nas fucións de xestión dun almacén, todo iso atendendo ao logro dunha boa produtividade e sen descoidar as condicións de seguridade necesarias.