REDE DE DINAMIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
Conclúe o curso de Procesador de Textos impartido pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información
Venres 14 de setembro do 2007
Con esta actividade, a Rede de Dinamizadores da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), logrou que os participantes acadaran certa soltura á hora de utilizar, por eles mesmos, os obxectos e funcionalidades básicas do procesador de textos (writer), achegándoos ao mesmo tempo ao software libre.
O curso, adicado á poboación en xeral, cumpriu os seus obxectivos ao lograr que os participantes coñecesen o manexo deste programa, iniciándoos así na ofimática.
A iniciativa da Rede de Dinamizadores da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na Sociedade da Información e para o desenvolvemento rural.
Para máis información sobre o proxecto da Rede de Dinamización da Sociedade da Información pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información ou ben chamar ao teléfono 981 757 362.