Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comeza no casco urbano unha nova campaña...

LABORES DE MANTEMENTO

Comeza no casco urbano unha nova campaña de limpeza viaria

Xoves 14 de xuño do 2007

Estes labores, que ocuparán á brigada de obras do concello nos vindeiros dous ou tres meses, comezaron esta semana no casco urbano e, unha vez rematados, estenderanse ao resto do territorio carballés.

O concelleiro de Servizos, Mantemento e Turismo, Lois Lamas, destaca o triplo beneficio que cumprirán destes traballos, pois servirán, ao mesmo tempo, para aumentar a seguridade cidadá no que atinxe á prevención de incendios, para beneficiar o paso da auga polas canles das cunetas e mesmo para mellorar a imaxe visual das vías de comunicación.

Compartir: