Inicio Carballo ao día Hemeroteca O venres ábrese o prazo de...

ENSINO

O venres ábrese o prazo de matrícula para participar do programa Concilia no vindeiro curso

Mércores 30 de maio do 2007

As follas de inscrición para anotarse ao programa Concilia pódense recoller no Concello de Carballo, lugar onde se fará a propia inscrición. No propio Concello facilitarase información sobre as taxas do programa, dependendo da situación de cada familia. As persoas interesadas poden obter máis información, igualmente, no Centro de Información á Muller, situado nas dependencias de Servizos Socias, na pranta baixa da Casa do Concello.

Compartir: