Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicados os expedientes de contratación...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicados os expedientes de contratación de dúas obras incluídas no Plan de Cooperación ás Obras e Servizos

Luns 28 de maio do 2007

A Xunta de Goberno Local deu o visto bo, igualmente, a diferentes certificacións de obra. Son a primieira da obra Rede de saneamento en Zarrallo, Fase 1, parroquia de Noicela, por importe de 51.282,62 euros, a segunda e última da obra Rede de saneamento en Rapadoiro, Fase 1, parroquia de Noicela, por importe de 51.368,16 euros, a terceira da obra Edificio Centro Socio-Cultural de Sofán, Fase 2, por importe de 110.486,09 euros, a terceira da obra Construcción rotonda entres as rúas Sol, Santa Ana, Oriente, Vila de Negreira e Milagrosa, por importe de 157.979,70 euros, a terceira da obra Supresión de barreiras arquitectónicas en edificios municipais, por importe de 48.991,50 euros, a segunda da obra Ordenación e urbanización de praza municipal en Bértoa, por importe de 213.749,50 euros, e a cuarta da obra Remodelación, adaptación e mellora do Concello, Fase 3, por importe de 206.098,16 euros. A Xunta de Goberno Local aprobou tamén tres convenios de colaboración, co Servizo Galego de Promoción da Igualdade do home e a muller para a prestación do servizo de información ás mulleres e promoción da igualdade, coa Asociación Cultural Coro Vagalume -para a realización de cinco actuacións de teatro nas parroquias durante 2007-, e coa Escola Lubiáns de Hoquei a Patíns para a organización do torneo provincial Concello de Carballo. A orde do día completouse coas subvencións para as Festas do San Xoán, a programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios 2º Semestre 2007 e a autorización dun vao permanente na rúa Brasil.

Compartir: