Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno Local reúnese o...

CONVOCATORIA

A Xunta de Goberno Local reúnese o vindeiro luns en sesión ordinaria

Venres 25 de maio do 2007

A orde do día inclúe, ademais, diferentes certificacións de obra. Son a primieira da obra Rede de saneamento en Zarrallo, Fase 1, parroquia de Noicela, a segunda e última da obra Rede de saneamento en Rapadoiro, Fase 1, parroquia de Noicela, a terceira da obra Edificio Centro Socio-Cultural de Sofán, Fase 2, a terceira da obra Construcción rotonda entres as rúas Sol, Santa Ana, Oriente, Vila de Negreira e Milagrosa, a terceira da obra Supresión de barreiras arquitectónicas en edificios municipais, a segunda da obra Ordenación e urbanización de praza municipal en Bértoa e a cuarta da obra Remodelación, adaptación e mellora do Concello, Fase 3. A Xunta de Goberno Local abordará tamén a aprobación de tres convenios de colaboración, co Servizo Galego de Promoción da Igualdade do home e a muller para a prestación do servizo de información ás mulleres e promoción da igualdade, coa Asociación Cultural Coro Vagalume e coa Escola Lubiáns de Hoquei a Patíns para a organización do torneo provincial Concello de Carballo. A orde do día complétase coas subvencións para as Festas do San Xoán, a programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios 2º Semestre 2007 e a autorización dun vao permanente na rúa Brasil.

Compartir: