Inicio Carballo ao día Hemeroteca Presentada a terceira edición do Torneo...

DEPORTE

Presentada a terceira edición do Torneo Internacional de Fútbol 7 Concello de Carballo

Xoves 24 de maio do 2007

Os tres primeiros clasificados das fases previas xogarán a fase final do torneo, que este ano inclúe como novidade a disputa dos cuartos de final. Na presentación do acto estiveron presentes o Coordinador das Escolas Luis Calvo Sanz, José Ramón Torres Pichel, o presidente das mesmas, Luciano Calvo, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. José Ramón Torres Pichel comentou que "contamos para esta edición cun orzamento de 40.000 euros, unha cifra moi elevada. Gustaríame agradecer a colaboración do Concello de Carballo para a realización deste evento, que xa comeza a repercutir a todos os niveis". Luciano Calvo, pola súa parte, manifestou que "este torneo internacional está xa moi consolidadoe seguiremos traballando para que, no futuro, podamos superar en participantes e calidade ao torneo de Vilagarcía". Evencio Ferrero, que pechou o acto de presentación, engadiu que "é moi doado organizar proxectos de forma puntual e o difícil e consolidalos. Este torneo vaise consolidando e vanse dar cita en Carballo as mellores escolas de fútbol de toda a penísnsula".

Compartir: