Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de profesor/a de clarinete para...

Proceso selectivo de profesor/a de clarinete para o CMUS Carballo

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso-oposición, dunha (1) praza de persoal laboral fixo a tempo parcial no posto de PROFESOR/A CMUS CLARINETE incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.

Convocar a todos os membros do tribunal para a VALORACIÓN DE MÉRITOS DA FASE DE CONCURSO que terá lugar o vindeiro 18 DE NOVEMBRO DO 2024, ÁS 10.00 HORAS, na Sala de Xuntas, sita na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

Convocar aos aspirantes para a realización do EXERCICIO PRÁCTICO DA FASE DE OPOSICIÓN o vindeiro 18 DE NOVEMBRO, ÁS 12.00 HORAS, no Pazo da Cultura do Concello de Carballo (Rúa do Pan, s/n, Carballo).

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo e aos criterios establecidos polo Tribunal para a fase de oposición, os resultados da baremación do concurso-oposición son os que de seguido se indican no ANEXO.

Segundo a Base Sexta da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da fase de concurso e da fase de oposición para formular as alegacións que consideren oportunas.

Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 21/11/2024 e rematará o DÍA 27/11/2024, ambos INCLUÍDOS.

Unha vez finalizado o proceso selectivo, en quenda libre e mediante o sistema de concurso-oposición, faise pública a proposta de contratación como persoal laboral fixo a tempo parcial no BOP de A Coruña núm. 233 do 03/12/2024.A persoa aspirante proposta deberá acreditar ante el Concello de Carballo, dentro do prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, os documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria.

Descargas

Compartir: