Proceso selectivo de graduado/a enfermería UCA (OEP 2022 Extraordinaria)
Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso, dunha (1) praza de persoal laboral fixo no posto de GRADUADO/A ENFERMERÍA UCA incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo. BOP da Coruña núm. 203 do 21 de outubro de 2024.
Convocar a todos os membros do tribunal para a VALORACIÓN DE MÉRITOS DA FASE DE CONCURSO que terá lugar o vindeiro VENRES 25 DE OUTUBRO DO 2024, ÁS 12.00 HORAS, na sala de xuntas, sita na segunda planta da casa do concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).
Convocar aos aspirantes que teñan que realizar a PROBA DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA o vindeiro VENRES 25 DE OUTUBRO DO 2024, ÁS 14.00 HORAS, na sala de xuntas, sita na segunda planta da casa do concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).
De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos do concurso son os que de seguido se indican no ANEXO I aparecendo desagregados por cada apartado no ANEXO III. Segundo a Resolución da Alcaldía núm. 2964/2024 do 15/10/2024 (publicada no BOP da Coruña núm. 203 do 21/10/2024) os aspirantes que tiveran que realizar a proba de coñecemento da lingua galega foron convocados para a realización da correspondente proba o venres 25 de outubro do 2024, ás 14.00 horas, na Sala de Xuntas, sita na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).
Segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación da proba de coñecemento da lingua galega son os que de seguido se indican no ANEXO II.Segundo a Base Sexta da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da baremación de méritos do concurso para formular as alegacións que consideren oportunas. Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 30/10/2024 e rematará o DÍA 06/11/2024, ambos INCLUÍDOS.
Unha vez finalizado o proceso selectivo, en quenda libre e mediante o sistema de concurso, faise pública a proposta de contratación como persoal laboral fixo no BOP de A Coruña núm. 220 do 14/11/2024. A persoa aspirante proposta deberá acreditar ante o Concello de Carballo, dentro do prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, os documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria. Polo que o prazo de acreditación dos documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria será desde o DÍA 15/11/2024 ata o DÍA 13/12/2024, ambos INCLUÍDOS.
Anuncio da contratación como persoal laboral fixo nunha (1) praza de GRADUADO/A ENFERMERIA UCA, incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo. BOP de A Coruña núm. 230 do 28 de novembro de 2024. O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos oportunos.