Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de técnico/a de...

Proceso selectivo de técnico/a de información e turismo (OEP Extraordinaria 2022)

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos do concurso son os que de seguido se indican no ANEXO.

Segundo a Base Sexta da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da baremación de méritos do concurso para formular as alegacións que consideren oportunas.P olo tanto, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 30/09/2024 ata o DÍA 04/10/2024, ambos INCLUÍDOS.

Unha vez finalizado o proceso selectivo, en quenda libre e mediante o sistema de concurso, faise pública a proposta do nomeamento como persoal funcionario de carreira no BOP de A Coruña núm. 203 do 21/10/2024.

A persoa aspirante proposta deberá acreditar ante el Concello de Carballo, dentro do prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, os documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria. Polo que o prazo de acreditación dos documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria será desde o DÍA 22/10/2024 ata o DÍA 19/11/2024, ambos INCLUÍDOS.

Descargas

Compartir: