Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de ordenanza-conserxe para as...

Proceso selectivo de ordenanza-conserxe para as instalacións deportivas. Concurso-oposición (OEP Extraordinaria)

Publicada a Listaxe Definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso-oposición, de dúas (2) prazas de persoal laboral fixo no posto de ORDENANZA CONSERXE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS incluídas na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.

BOP da Coruña núm. 131 do 9 de xullo de 2024.

Convocar a todos os membros do tribunal para a VALORACIÓN DE MÉRITOS DA FASE DE CONCURSO que terá lugar o VENRES 12 DE XULLO DO 2024 ÁS 12.00 HORAS na Sala de Xuntas da Casa do Concello de Carballo, sita na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

Convocar aos aspirantes que teñan que realizar a PROBA DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA o vindeiro VENRES 12 DE XULLO DO 2024, ÁS 13.00 HORAS, na Sala de Xuntas, sita na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

Convocar aos aspirantes para a realización do EXERCICIO PRÁCTICO DA FASE DE OPOSICIÓN o vindeiro VENRES 19 DE XULLO, ÁS 10.00 HORAS, no EDIFICIO FORUM (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, 15100 Carballo, A Coruña).

Os aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da fase de concurso para formular as alegacións que consideren oportunas

De acordo coa valoración asignada polos membros do tribunal selectivo, os resultados da fase de oposición son os que se indican no ANEXO (PUNTUACIÓNS).

Así mesmo, publicase a relación de respostas correctas ás preguntas formuladas no ANEXO (RESPOSTAS).

Os aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da fase de oposición para formular as alegacións que consideren oportunas en relación ao exercicio práctico.

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo e aos criterios establecidos polo Tribunal para a fase de oposición, os RESULTADOS DEFINITIVOS da baremación do concurso-oposición son os que se indican no ANEXO.

Anuncio da contratación como persoal laboral fixo nunha (1) praza de ORDENANZA CONSERXE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo. BOP de A Coruña núm. 210 do 30 de outubro de 2024. Procederase á formalización dos perceptivos contratos de persoal laboral fixo e á incorporación ao posto de traballo dentro do prazo que se estableza nos mesmos. O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos oportunos.

Anuncio da contratación como persoal laboral fixo nunha (1) praza de ORDENANZA CONSERXE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo. BOP de A Coruña núm. 227 do 25 de novembro de 2024. Procederase á formalización dos perceptivos contratos de persoal laboral fixo e á incorporación ao posto de traballo dentro do prazo que se estableza nos mesmos. O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos oportunos.

Descargas

Compartir: