Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de psicólogo da UCA (OEP...

Proceso selectivo de psicólogo da UCA (OEP 2022 Extraordinaria)

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso, dunha (1) praza de persoal laboral fixo no posto de PSICÓLOGO UCA incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.

BOP da Coruña núm. 24 do 1 de febreiro de 2024.

Convocar a todos os membros do tribunal para a SESIÓN CONSTITUTIVA E DE BAREMACIÓN DE MÉRITOS que terá lugar o MÉRCORES 14 DE FEBREIRO DO 2024 ÁS 11.30 HORAS na sala de xuntas da casa do concello de Carballo.

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos do concurso son os que de seguido se indican no ANEXO.

Segundo a Base Sexta da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da baremación de méritos do concurso para formular as alegacións que consideren oportunas. Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 29/02/2024 e rematará o DÍA 06/03/2024, INCLUÍDO.

Unha vez finalizado o proceso selectivo, en quenda libre e mediante o sistema de concurso, faise pública a proposta de contratación como persoal laboral fixo no BOP de A Coruña núm. 131 do 09/07/2024. A persoa aspirante proposta deberá acreditar ante el Concello de Carballo, dentro do prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, os documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria. Polo que o prazo de acreditación dos documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria será desde o DÍA 10/07/2024 ata o DÍA 07/08/2024, ambos INCLUÍDOS.

Descargas

Compartir: