Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria de 3 prazas de oficial de...

Convocatoria de 3 prazas de oficial de emerxencias. Persoal funcionario de carreira

Publicadas no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 231 de 04/12/2023 as Bases Xerais e Bases Específicas que regularán a Convocatoria pública e o proceso selectivo para a cobertura en propiedade por persoal funcionario de carreira, en quenda libre, de tres (3) prazas de Oficial de Emerxencias (grupo C, subgrupo C1), da escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais, clase Cometidos Especiais, incluídas na OEP 2022 ordinaria do Concello de Carballo.

Publicado anuncio da convocatoria no DOG Núm. 65 do 03/04/2024.
Publicado anuncio da convocatoria no BOE Núm. 87 do 09/04/2024.

De conformidade co disposto na base sexta das bases reguladoras da convocatoria, o prazo de presentación de instancias será de VINTE (20) DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Polo tanto, o prazo de presentación de instancias empezará o DÍA 10/04/2024 e rematará o DÍA 8/05/2024, AMBOS INCLUÍDOS.

ATENCIÓN: Calquera solicitude presentada ANTES ou DESPOIS do prazo antedito considerase FÓRA DE PRAZO, polo que non será admitida para a participación no proceso selectivo.

Descargas

Compartir: