Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo para a contratación de...

Proceso selectivo para a contratación de 32 socorristas para a temporada de praias

O Concello de Carballo vén de aprobar as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación de 32 socorristas para a unidade de salvamento e socorrismo acuático que prestará servizo nas praias do concello durante o verán. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte a publicación do anuncio no BOP da Coruña. O último dia será o venres 2 de xuño.

Con data 8 de xuño faise público o nomeamento do órgano de selección, listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as, data para a valoración de méritos da fase de concurso e celebración dos exercicios da fase de oposición. 

  • Convócase a todos os membros do tribunal para a valoración de méritos na fase de concurso que terá lugar o luns 12 de xuño de 2023 ás 09:30 horas, na Base de Protección Civil, situada na Avda. do Ambulatorio, s/n.
  • Convócase aos aspirantes admitidos/as para a celebración de todos os exercicios da fase de oposición o martes 13 de xuño de 2023.
12 de xuño de 2023. Publicación da valoración de méritos. Así mesmo o tribunal, según a Resolución da Alcaldía 1458/2023 de 7 de xuño, convoca aos aspirantes admitidos/as para a celebración do primeiro exercicio da fase de oposición (probas físicas), que terá lugar mañán martes 13 de xuño de 2023 ás 09:00 horas na Piscina Carballo Calero, sita na zona do colexio Bergantiños de Carballo.

14 de xuño de 2023. Publicación dos resultados das probas físicas e puntuación final.

Descargas

Compartir: