O Concello de Carballo custodia 55 obras de Manuel Facal, a petición da familia, para evitar o seu deterioro
Venres 3 de xaneiro do 2025
O Concello de Carballo vén de facerse cargo, a petición da familia, da custodia dunha pequena parte da extensa obra de Manuel Facal que se atopaban almacenadas en condicións pouco axeitadas para a súa conservación. Desde esta semana, 55 pezas pictóricas e escultóricas do artista carballés, finado o 6 de abril do 2024, están gardadas, de xeito provisional, en dependencias municipais.
O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro Daniel Pérez, xunto con membros da familia e da Fundación Facal, supervisaron o traslado das obras.