Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Carballo acolle a segunda xornada da liga de promesas de natación

Sábado 22 de xaneiro do 2022 16.00 horas - Piscina Carballo Calero

A piscina municipal Carballo Calero acolle a 2ª xornada da Liga Galega de Promesas, organizada polo club Fogar Natación Carballo. A competición levaráse a cabo coa presenza de público e baixo estrictas medidas de seguridade, como o aforo restrinxido baixo acreditación previa, a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado entre outras.

O club anfitrión contará cun equipo composto por 43 deportistas: 5 da categoría feminina e 38 da masculina. O programa de probas desta segunda rolda inclúe os 25 metros pes costas e os 25 e 50 metros costas nas categorías feminina e masculina. Logo da primeira xornada, os rapaces carballeses ocupan a 10ª praza provisional dos 15 equipos que tomaron parte no arranque ligueiro.

Compartir: