Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Entradas á venda en billeteira.carballo.gal

Primavera enDanza celebra 22 anos con seis espectáculos que fan un percorrido pola danza contemporánea estatal

A metade das propostas que pasarán polo escenario do Pazo da Cultura entre o 12 e o 30 de abril son producións galegas

Xoves 21 de marzo do 2024

Carballo sitúase de novo na vangarda da cultura galega grazas a Primavera enDanza, o programa de danza máis lonxevo da comunidade autónoma, como lembraron, un ano máis, o alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Cultura, Maruxa Suárez, e o director da Agadic, Jacobo Sutil, na presentación da 22ª edición. Con eles estiveron representantes de dúas das cinco compañías que pasarán polo auditorio do Pazo da Cultura entre o 12 e o 30 de abril: Paula Quintas, bailarina e creadora, e Jaime Pablo Díaz, director da Nova Galega de Danza.

“Gustaríame que en Galicia houbese máis ciclos coma este”, asegurou Jacobo Sutil, que puxo en valor a aposta que vén realizando ano tras ano o Concello de Carballo por un programa que, ademais de contar con gran interese artístico e cultural, é “un dos contadísimos ciclos estables de danza contemporánea”, como apuntou Maruxa Suárez. A concelleira de Cultura destacou “a estabilidade e a calidade das propostas”, que este ano permitirannos facer un percorrido pola danza contemporánea estatal, xa que participan tres compañías galegas, unha de Valencia, outra de Navarra e outra de Castela e León.

A fartura creativa que caracteriza a nosa comunidade autónoma volve a quedar de manifesto a través desas tres propostas da danza galega, representada por Marcia Vázquez, Paula Quintas e Nova Galega de Danza. Folclore, tradición, videocreación, novas tecnoloxías e teatro conflúen co movemento e a danza para ofrecernos este interesantísimo programa, no que tamén teñen cabida os peques da casa:

  • Venres 12 de abril | 21.00 h | Marcia Vázquez (Galicia) Vaivén.
  • Sábado 13 de abril | 20.30 h | Paula Quintas (Galicia) Multiperspectivas#2.
  • Sábado 20 de abril | 20.30 h | Nova Galega de Danza (Galicia) Berro.
  • Domingo 21 de abril | 18.00 h | La coja dansa (Valencia) El cuento de Persépolis.
  • Venres 26 de abril | 21.00 h | Miguel Barrero y la pequeña Victoria Cen (Valencia e Castela e León) Disculpa si te presento como que no te conozco.
  • Martes 30 de abril | 21.00 h | Led Silhouette (Navarra) Los perros
  Entradas á venda en billeteira.carballo.gal

Compartir: