Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O xabaril volve a Carballo disfrazado de porquiño para non perder o noso Entroido

Sábado 3 de febreiro do 2024

O xabaril que se fixo viral o ano pasado tras o seu paseo pola Praza de Galicia volve a Carballo, pero desta volta disfrazado de porco. E se non fose polos cornos, que o delatan, e por esa aparencia de malote, mesmo semellaría un porquiño celestial. Así que, se vos atopades con el pola rúa, non vos confiedes!

Carballo métese de cheo nas celebracións máis divertidas e satíricas, que acadarán o seu punto álxido no Desfile e concurso de disfraces, comparsas e carrozas do domingo de Entroido, no que repartiremos a cifra récord de 9.215 euros entre premios e gratificacións. Non agardes ao último día para inscribirte! Este ano contaremos con Bea Campos, actriz e monologuista, como presentadora do evento, que rematará co xa tradicional baile de disfraces, amenizado nesta ocasión polo grupo Eureka.

Como é habitual, o programa de Entroido inclúe non só as propostas da área de Cultura senón tamén as que levará a cabo o movemento asociativo en distintos puntos do concello. Tamén haberá obradoiros para a rapazada e animación de rúa. Un completisimo programa que podes descargar máis abaixo.

Descargas

Compartir: