Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O Museo de Bergantiños reinvéntase para convidarnos a viaxar pola historia a través da evolución tecnolóxica

O xoves 22 inauguramos a nova exposición permanente e a nova imaxe do edificio público máis antigo de Carballo

Sábado 17 de decembro do 2022 Cultura

O edificio que alberga o Museo de Bergantiños foi construído no 1855, o mesmo ano no que empezou a funcionar a primeira rede electrotelegráfica do estado. Aquela foi a primeira das revolucións tecnolóxicas das que sería testemuño o inmoble público máis antigo de Carballo ao longo dos seus 167 anos de historia, e unha parte delas conforman a nova exposición permanente que inauguraremos o xoves 22, na que poderedes ver auténticas xoias desa evolución tecnolóxica cedidas pola Deputación da Coruña.

O Museo de Bergantiños reabre as súas portas ao público para convidarnos a realizar unha viaxe no tempo a través dos elementos que o integran, e que o van converter nun centro cultural especializado en distintas áreas da tecnoloxía de uso cotiá.

O fermoso patio central do edificio adquire un novo protagonismo, xa que se transforma no punto de recepción e de acceso de visitantes ás seis salas expositivas, cada unha cunha temática diferente, que conforman o proxecto museográfico:

  • Sala do son: o anhelo humano de gardar o son, as primeiras gravacións e a evolución dos dispositivos.
  • Sala do cálculo: a evolución das ferramentas para contar, os avances tecnolóxicos, a relación co desenvolvemento técnico e laboral e a importancia da tecnoloxía como impulsora do progreso humano.
  • Sala das copias: a necesidade de conservar copias de documentos, a evolución da impresora, o fax e o lector de microfilmes.
  • Sala dos computadores: a evolución dos computadores, a revolución tecnolóxica, novas formas de ocio e comunicación social, avances tecnolóxicos, relación co desenvolvemento técnico e laboral e importancia da tecnoloxía como impulsora do progreso humano.
  • Sala das máquinas de escribir: evolución das máquinas de escribir, o papel da muller na incorporación ao mundo laboral e a importancia da tecnoloxía como impulsora do progreso humano.
  • Sala do cinema: a experiencia do cinema no público.

O novo Museo de Bergantiños conta aínda cunha sala máis, a de maior tamaño, que se utilizará como espazo de aprendizaxe permanente. De feito, para os días 3, 4 e 5 de xaneiro xa están programados os tres primeiros obradoiros infantís, nos que nenos e nenas maiores de 8 anos poderán coñecer as técnicas do deseño e a impresión en 3D, como pensan os ordenadores e stop motion para realizar animacións.

A inauguración da nova exposición permanente do Museo de Bergantiños, que renova o seu contido por completo despois de vinte anos, celebrarase o xoves 22 ás 20.30 horas, coa participación do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira; o xefe de Patrimonio e Contratación da Deputación da Coruña, Luis Jaime Rodríguez, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Compartir: