Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Xa temos gañadores/as do concurso de cartel e programa de Nadal 2022

Mércores 30 de novembro do 2022 Cultura

O xurado reuniuse no Pazo da Cultura

O xurado reuniuse no Pazo da Cultura

O Concurso de Cartel e Programa de Nadal convocado pola Concellaría de Cultura xa ten gañadores e gañadoras!

O primeiro premio, que ilustrará o cartel do Nadal Cultural e que consiste nun agasallo valorado en 175 euros, correspondeu a David Martínez Botana, de 5 anos e alumno do CEIP Xesús San Luís Romero. Tal como establecen as bases, o centro escolar ao que pertenza o/a gañador/a deste galardón recibirá tamén 150 euros en material didáctico. Este ano, polo tanto, o premio é para o CEIP Xesús San Luís Romero.

O segundo premio, valorado en 100 euros, é para Paula Andrade Valín, de 11 anos e alumna do CEIP Fogar. O seu debuxo ilustrará a postal co programa do Nadal Cultural.

Ademais, concédense os seguintes accésits, que recibirán premios por un valor aproximado de 60€:

  • Lucía Lois Cousillas, 10 anos, alumna do CEIP A Cristina
  • María Penedo Grobas, 11 anos, do CEIP Fogar
  • Nael Baña Costa, 4 anos, do CEIP Xesús San Luís Romero
  • Alexandre Trigo Sánchez, de 8 anos, do CEIP Bergantiños
  • Cristina Suárez Gómez, de 11 anos, do CEIP Canosa- Rus

O cartel distribuirase polas rúas e comercios de Carballo e a tarxeta usarase para felicitar festas do Nadal desde o Concello e tamén como portada do programa do Nadal Cultural que recolle todos os actos culturais que se celebran durante o Nadal en Carballo.

O xurado, que se reuniu este mércores 30 de novembro no Pazo da Cultura, estivo integrado por alumnado dos colexios A Cristina e Gándara-Sofán; o presidente de Afaber, Jesús Villar; a deseñadora gráfica María Pereira; a monitora cultural do Concello de Carballo María Martínez e o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo.

Nesta edición presentáronse un total de 1.217 debuxos realizados por escolares dos centros Canosa-Rus, Bergantiños, Fogar, Xesús San Luís Romero, Nétoma-Razo, Gándara-Sofán, A Cristina, Artai e CRA Ponte da Pedra. Parabéns a todos/as os/as participantes!

Compartir: