Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Iniciamos unha nova travesía de Teatro en Ruta, que nesta edición desembarcará en seis parroquias

Vagalume Animación porá en escena tres espectáculos diferentes. A primeira función será este sábado 12 de novembro en Cances

Venres 11 de novembro do 2022 Cultura

Imaxe da última edición de Teatro en Ruta

Imaxe da última edición de Teatro en Ruta

O Concello de Carballo conta un ano máis coa colaboración de Vagalume Animación para levar o teatro ás parroquias. Despois das sesións de baile con música en directo que celebraron durante as últimas semanas nos centros sociais, e que concluirán este sábado 12 en Sofán, novembro será o mes de Teatro en Ruta.

A primeira función terá lugar este sábado no centro social de Cances, onde poderemos ver a obra De profesión ladrón a partir das 20.00 horas. O espectáculo coincidirá coa celebración do magosto organizado pola asociación cultural San Campio, no que, ademais de castañas e moitas outras viandas, haberá baile co dúo Mar de Caión.

A peza De profesión ladrón representarase tamén o sábado 19, ás 19.00 horas, no centro social de Imende. Con esta función remataremos, despois de dous meses de actividades, o programa Actívate no outono, organizado en colaboración co Consello Parroquial de Noicela-Rebordelos. O día anterior, o venres 18, tamén ás 19.00 horas, todas as persoas interesadas poderán asistir a un obradoiro de primeiros auxilios no fogar impartido polo xefe do Servizo Municipal de Protección Civil, Javier Souto.

O domingo 20 asistiremos en Oza, ás 19.00 horas, á primeira representación do espectáculo AIRBNB. Para quen non teña ocasión de velo ese día haberá unha segunda oportunidade o sábado 26, ás 19.00  horas, no centro social de Ardaña. Ao día seguinte, o domingo 27, o Teatro en Ruta chegará á Verdillo, tamén ás 19.00 horas, coa obra Historias de amor.

O percorrido das actrices e dos actores de Vagalume polas nosas parroquias rematará o 11 de decembro no centro social de Sofán, no que volverán a representar, a partir das 19.00 horas, o espectáculo AIRBNB.

O Concello de Carballo quere seguir estendendo este tipo de iniciativas, sempre en colaboración co movemento asociativo, pola cada vez máis ampla rede de centros sociais do noso concello.

Ademais, entre as propostas teatrais que poderemos ver nas vindeiras semanas figura tamén a actuación da Aula de Teatro Municipal, que o 10 de decembro, ás 20.30 horas, ofrecerá no Pazo da Cultura unha nova serie das súas Pequenas escenas.

Compartir: