Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Os Ratos de Lonxedetodo están de regreso en Carballo para inculcar na cativada a saudable afección pola lectura

Toma nota do programa e lembra que podes reservar praza dende o mércores anterior a cada función

Mércores 2 de novembro do 2022

Os Ratos de Lonxedetodo están de volta en Carballo! Recibímolos hoxe con todos os honores e co auditorio da Biblioteca Rego da Balsa cheo ata a bandeira tanto na primeira coma na segunda funcións de Viaxe a Sudamérica, o divertidísimo espectáculo co que celebramos o regreso de Fuco, Lilí Gruyere e o resto dos nosos queridos amigos bigotudos.

Pero dende hoxe ata abril celebraranse un total de 22 representacións, dúas de cada un dos espectáculos programados. Este é o cartel:

  • 2 de novembro: Viaxe a Sudamérica
  • 16 de novembro: Contos de Perrault
  • 30 de novembro: Rato canguro
  • 14 de decembro: Cores e persoas
  • 18 de xaneiro: De onde veñen os bebés? (e outras preguntas)
  • 1 de febreiro: Animais do bosque
  • 15 de febreiro: Unhas botas misteriosas
  • 1 de marzo: O pequeno circo das mans
  • 15 de marzo: Unha praia particular
  • 29 de marco: Un invento para chegar ao ceo
  • 19 de abril: Petits oiseaux (en galego e francés)

Os famosos e queridos ratiños de TrinkeTrinke Teatro convidarán aos nenos e nenas a percorrer as nosas tradicións, a respectar a diversidade, a loitar contra o cambio climático, a afrontar e resolver os problemas, a interesarse pola ciencia, a descubrir o grande que é o mundo e a aprender dos maiores, e todo iso a través dunha serie de espectáculos teatrais e musicais dos que, sen dúbida, a cativada desfrutará coma sempre.

Os espectáculos van destinados a nenos e nenas de 4 ao 8 anos. Como xa vén sendo habitual, haberá dúas funcións cada mércores: unha ás 17.00 e outra ás 18.30 horas. Os convites poderán reservarse dende unha semana antes chamando ao 981758580.

Compartir: