Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Á VENDA AS ENTRADAS PARA A FUNCIÓN DE LA CAJA FLOTANTE

O Camiño Escena Norte regresa este sábado 8 a Carballo para presentar ‘Beautiful stranger’ no FIOT

O proxecto de intercambio de artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra volve ao Festival Internacional Outono de Teatro, logo da visita na primeira edición do programa, no 2019

Martes 4 de outubro do 2022

"Beautiful stranger", de La caja flotante

O Camiño Escena Norte (2022) fará parada este sábado 8 de outubro en Carballo. O proxecto de intercambio escénico, artístico e profesional entre compañías de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, comunidade que se incorporou ao programa cultural nesta cuarta edición, chega esta fin de semana á Costa da Morte no marco da 31ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro.

Camiño Escena Norte regresa a Carballo como parte da programación oficial do FIOT, logo de facelo na súa primeira edición (2019). A compañía navarra La Caja Flotante presentará ‘Beautiful Stranger’, de Iron Iraizoz, no Salón de Actos do Pazo da Cultura da localidade bergantiñá, no marco do ciclo OTNI. As entradas xa están dispoñibles a través do web www.fiot.gal.

O 21 de maio de 2019, Ion Iraizoz celebrou o seu corenta aniversario facendo unha festa/performance á que nomeou ‘O último martes antes de cumprir 40’. En ‘Beautiful stranger’, o autor interprétase a si mesmo para tratar de reconstruír a súa festa de aniversario coa complicidade do público. Trátase dunha peza híbrida, entre a autoficción, a comedia existencial e a linguaxe cinematográfica, que trata sobre como a memoria é invadida constantemente pola imaxinación e sobre as múltiples identidades que caben na vida dunha mesma persoa.

Camiño Escena Norte 2022

Camiño Escena Norte é unha iniciativa promovida polas asociacións profesionais de produtoras de artes escénicas Escena Galega (Galicia), EscenAsturias (Asturias), ACEPAE (Cantabria) e Eskena (País Vasco). Todas elas, unidas na supraentidade Camino Escena Norte AIE -creada especificamente para o desenvolvemento, xestión e produción deste proxecto-, impulsan unha intensa programación escénica coa intención de pór en valor a diversidade cultural, lingüística e de formatos e linguaxes da produción escénica galega, asturiana, cántabra e vasca.

A iniciativa conta, neste 2022, co apoio económico de gobernos e institucións das cinco comunidades autónomas implicadas:. En Galicia, ademais da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e o Goberno de España a través do INAEM, colaboran tamén Deputación Provincial da Coruña, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo; así como os consistorios de Arzúa, Vilalba, Ames e Viveiro; o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT), a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e o Centro Dramático Galego (CDG).

Pola súa banda, Vegalsa-Eroski mantense este ano no como patrocinador oficial, cunha maior achega económica para esta cuarta edición, o que reforza o seu compromiso e aposta por un proxecto que promove o intercambio cultural entre territorios.

Vídeos

Compartir: