Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A Biblioteca Rego da Balsa abre as súas portas a un curso cheo de actividades tras un verán de lecturas ao sol na Praia dos Libros

• Na bibliopraia de Razo duplicouse nos meses de xullo e agosto o número de préstamos con respecto ao ano anterior

Sábado 17 de setembro do 2022 Cultura

A Biblioteca Municipal Rego da Balsa recuperou este mes o seu horario habitual e tamén recupera a intensa actividade cultural que a caracteriza.

Comezamos un novo curso coa melanina literaria a tope despois dun extraordinario verán de lecturas ao sol na Praia dos Libros. Por segundo ano, a Concellaría de Cultura abriu as portas da biblioteca coas mellores vistas do mundo durante os meses de xullo e agosto para que, ademais de tomar o sol, practicar surf, bañarse ou xogar ao volei-praia, as persoas que se achegaron ata Razo tivesen á súa disposición os libros máis frescos.

Despois da boa acollida da experiencia inicial, este verán a bibliopraia tivo aínda máis éxito. O número de préstamos multiplicouse por dous, e aínda que a demanda foi moi alta en todas as franxas de idade e as persoas adultas son as principais usuarias do servizo, destaca o aumento dos préstamos a usuarios/as con carné infantil, que se triplicaron. O posto de bookcrossing tamén tivo moito movemento durante todo o verán.

Pero agora toca poñerse a cuberto, e para ir abrindo boca temos preparado para o mércores 21 un inicio de curso moi especial, cun espectáculo de Trémola Teatro para bebés de seis meses a tres anos de idade. Que animaliño é? é unha actividade do programa de animación á lectura Ler conta moito que lles permitirá coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor, e a través de diferentes elementos sensoriais desfrutarán dunha emocionante aventura. As prazas xa están completas, pero xa temos máis propostas á vista!

Aínda que non sexa para participar en ningunha actividade, lembra que a partir do luns as nosas bibliotecas estarán abertas para ti nos seguintes horarios:

  • Biblioteca Municipal Rego da Balsa: de luns a venres de 09.30 a 20.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.
  • Biblioteca Municipal de Carballo: de luns a venres de 09.30 a 20.00 horas.

E de paso que te achegas polas bibliotecas non esquezas pedir, de balde, un exemplar do caderno de pasatempos “A píllara das dunas”, realizado pola Concellaría de Normalización Lingüística, en colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega, para que sigas coñecendo o noso concello a través dos enigmas que se presenta a publicación.

Compartir: