Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O CARTEL DE NEREA VILARIÑO ARRASA A PÉ DE RÚA E NAS REDES SOCIAIS

O San Xoán máis esperado "volve pra quedar" cun programa que pon en valor o amor polo propio

O director do Hospital Materno Infantil da Coruña, Álex Ávila Álvarez, será o pregoeiro das primeiras festas post-pandemia

Sábado 11 de xuño do 2022 Cultura

Sergio Varela, Maruxa Suárez, Evencio Ferrero, Belén Enríquez e Nerea Vilariño

Sergio Varela, Maruxa Suárez, Evencio Ferrero, Belén Enríquez e Nerea Vilariño

“Imos ter San Xoán e imos ter o San Xoán de sempre”. Con esta rotundidade iniciou a concelleira de Festas, Maruxa Suárez, o acto de presentación do programa das festas patronais, no que tamén participaron o presidente da comisión, Sergio Varela, e o alcalde, Evencio Ferrero. Despois de dous anos sen poder celebralo, o noso San Xoán “volve pra quedar” e para poñer en valor o amor polo propio, como dixo Evencio Ferrero: “Que veñan pra quedar para sempre o respecto, o cariño e o amor polo propio, e o máis inmediato que temos é o amor por Carballo e polo seu territorio. Sigamos facendo grande este concello e demostrando que ten moitísimo futuro”.

O noso futuro está representado este ano por Nerea Vilariño Cabeza, autora do cartel das festas, e por Álex Ávila Álvarez, que será o pregoeiro. O pediatra carballés, director do Hospital Materno Infantil da Coruña, non puido estar presente no acto de hoxe, pero poderemos escoitalo o martes 21 ás 21.00 horas na Praza do Concello. A que si asistiu foi Nerea Vilariño, que recolleu o seu premio de 450 euros patrocinado por Opticalia Enríquez. A novísima ilustradora presentou unha proposta moi diferente ás anteriores. “A min, particularmente encántame a proposta, proposta feminista, tanto porque a protagonista é unha muller como polo colorido”, confesou Maruxa Suárez. E, polo que se ve, moita máis xente pensa do mesmo xeito, porque o cartel está arrasando, tanto a pé de rúa coma nas redes sociais.

O acto de presentación celebrouse no Mercado Municipal de Abastos

O acto de presentación celebrouse no Mercado Municipal de Abastos

Cada un/ha dos/as participantes no acto de hoxe tivo un cometido. Sergio Varela debullou o programa, que podes descargar máis abaixo, e que inclúe o tradicional concurso de cachelas, o Descenso do Anllóns, o Rockin, a Festa do Bosque, catro verbenas con orquestras de primeira liña, pasarrúas, gaiteiros, bandas, corais, charangas, unha verbena infantil, un espectáculo circense patrocinado pola Fundación Luis Calvo San e as actuacións estelares de Tanxugueiras, Los enemigos e Ortiga.

Non foi doado organizar as festas despois de dous anos e coa incerteza da evolución que puidese ter a COVID-19, como recoñeceu o presidente da comisión de festas. Sergio Varela expresou o seu agradecemento a todos os colaboradores e patrocinadores (Opticalia Enríquez, Calvo e CCA Carballo) e dun xeito moi especial aos seus compañeiros e compañeiras da renovada comisión.

O acto de presentación do San Xoán rematou cun chamamento compartido por todos e todas a celebrar unhas festas libres de violencia e con agresións 0’0, como di a campaña que se desenvolverá os días 18, 24 e 25 na zona da movida nocturna.

Descargas

Vídeos

Compartir: